Stallman, Cloud Computing é estupidez

Deixo claro que ese é o título traducido da nova que fai referenza a unha entrevista feita polo fundador da FSF, Richard M. Stallman, ao xornal The Guardian.

A idea de empregar programas baseados na web como o Gmail de Google é “peor ca estupidez“.

O Cloud computing (computación en nube) é “un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)“, segundo a Wikipedia. Este tipo de tecnoloxía está a ter un gran pulo nos últimos tempos grazas ás tecnoloxías de empresas como Google, Micro$oft e Amazon.

Pero Richard Stallman cre que o cloud computing é unha trampa que pretende forzar á máis xente a mercar sistemas pechados e privativos que custarían máis e máis co decurso do tempo.

É unha estupidez. É peor ca estupidez: é unha campaña de hiper marketiing“, dixo ao xornal.

Alguén di que isto é inevitablee cada vez que escoites alguén dicíndoo é como se fose unha campaña comercial para facelo realidade“.

Stallman cre que os usuarios de computadores deberian ser entusiastas á hora de manter as súas informacións nas súas mans no canto de deixalo en terceiras partes.

Unha razón pola que non deberías usar aplicacións web é que perdes control. É tan ruin como empregar progarams privativos. Fai a túa computación no teu propio computador coa túa copia de programa que respecta a liberdade. Se usas programas privativos ou un servidor de alguén, estarás indefenso. Estás nas mans de quen desenvolve tal software.

asennadas

2 ResponsesStallman, Cloud Computing é estupidez to “”

  1. Moi interesante esta nova, graciñas unha vez mais por achegar esta información, e moi útil para tódolos dinamizadores e dinamizadoras, sobre todo nestes dias, na que esta tema, e sobre todo con referencia a google, esta pressente nas nosas conversas. seguiremos evangelizando, un saúdiño dende Castrelo de Miño!

  2. Sempre o vin así, e non me considero un iluminado Nembargantes recoñezo que costa moito convencer a quen non o quere ver que isto é así, tal cal o contas.
    Como di insomniorizar, súbome tamén ao carro da tarefa evanxelizadora.
    Saúdos dende a que un bo amigo meu chama “A Terra do Medio”.