Freedomdefined.org, licenzas para obras culturais libres

Un dos moitos sitios web recomendados polos que interviron nas pasadas Xornadas de Dereito TIC foi o de freedomdefined.org.

Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as “obras culturais libres” (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe certas restricións admisibles que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición distingue entre obras libres e licenzas libres que poden usarse para protexer legalmente o status dunha obra libre. A propia definición non é unha licenza, senón unha ferramenta para determinar se unha obra ou licenza debería considerarse “libre”.

Alén do amplo contido do sitio, destacaría o cadro resumo e comparativo das licenzas.

asennadas

Os comentarios están pechados.