Canto nos custa Micro$oft?

René Mérou vén de publicar un amplo artigo onde reflicte as consecuencias de termos entre nós a Micro$oft:

A falta de liberdade para competir que produce un monopolio como o de Microsoft leva uns custos importantes. Existen custos derivados da perda de innovación, da falta dunha contorna de liberdade para que outras empresas poidan respirar e de forma particular, custos económicos e en liberdades palpables no día a día das persoas. Este artigo proponse pescudar o que realmente lle custa Microsoft a España.

O artigo completo podes descargalo en PDF ou visitalo a partires do índice que liga cara as 23 seccións (17 páxinas) do seu contido. Velaquí o seu índice:

1- Indice . – .
2- Introdución . – . Explica o artigo e o que tenta abarcar.
3- Estimacións . – . Comezo o cálculo das estimacións coa Estimación 1, Segundo o que Microsoft declara facturar e a Estimación 2, Segundo os computadores vendidos en España.
4- Estimacións 3, 4 e 5 . – . Segundo o que gaña Microsoft no mundo e a parte proporcional ao mercado de PCs español, Segundo a relación con Francia e Segundo o número de empregados de Microsoft.
5- Custos ocultos . – . Comeza a sección de custos ocultos coas ganancias lastre doutras empresas.
6- Desenvolvemento de programas . – . Continúa a sección de custos ocultos co custo no desenvolvemento de programas.
7- Desenvolvo web e compra de computadores . – . Custo oculto no desenvolvemento dos contidos da web e os custos en compra de computadores.
8- Virus, defectos e catividade da clientela . – . Rematan os custos ocultos cos custos producidos polos virus, os defectos e o chamado vendor lock-in.
9- Terceira parte: Outros custosos inconvenientes . – . Empeza a sección da degradación das nosas liberdades básicas coa privacidade e a seguridade.
10- Liberdade de prensa e comercio libre . – . Continúa a sección da degradación das nosas liberdades básicas coa liberdade de prensa e o poder comerciar libremente.
11- Dereito a saber . – . Continúa co dereito a que non che neguen o acceso ao coñecemento real que ten hoxe en día en forma de programas informáticos.
12- Deterioración das institucións públicas . – . Efectos que tamén afectan a deterioración das institucións públicas.
13- Organismos de estandarización pervertidos e perdida de confianza . – . Explica a degradación dos organismos de estandarización tan usados no mundo tecnolóxico e a perdida de confianza nas nosas institucións pola súa inacción.
14- Conclusión . – . Determina a cifra con que quedamos.
15- Custos indirectos . – . Dentro da conclusión, explica a importancia dos custos visibles á primeira ollada.
16- Parte 4: Datos complementarios . – . Inicia o apartado cunha comparativa de cifras sumas á altura.
17- Mitoloxía do monopolio . – . Continua o apartado coa Mitoloxía do monopolio.
18- Datos dados polo propio monopolio . – . Comenta outros dados achegados polo propio monopolio.
19- Saldos e transaccións . – . Expón algúns datos sobre os saldos e transaccións entre as empresas nomeadas.
20- Importe neto de cifra de negocios . – . Mostra as cifras do importe neto de cifra de negocios.
21- A realidade de Microsoft segundo o transnationale . – . Información de Microsoft citando o transnationale.
22- Agradecementos . – . Agradecementos a todos aqueles que me axudaron a realizar este traballo.
23- Referencias . – . Nota sobre as referencias.

asennadas

6 ResponsesCanto nos custa Micro$oft? to “”

  1. Vale, supoñamos que Microsoft é moi moi malo, e o seu negocio é abusivo e todo o que queirades pero, lendo esta nova http://ecodiario.eleconomista.es/telecomunicaciones-tecnologia/noticias/950004/01/09/Sun-Microsystem-se-plantea-despedir-a-su-CEO-por-su-sistema-de-negocio-gratuito-.html

    podemos ver que o negocio do sw libre é cuestionable canto menos, Sun intentouno pero as cousas non van ben, defeito parece que o OpenOficce esta a pasar por un dos seus momentos máis baixos con só 24 programadores en plantilla e algo parecido lle pasa a MySql. ¿É isto viable, que soporte se pode dar con tan pouca xente?

    Gustame o sistema operativo Ubuntu, pero sigo sin entender como regalando sw se pode manter unha empresa a flote, o mellor R.Stallman cando propuxo as regras do negocio do sw libre non pensaba en termos económicos o mellor pensaba máis en terminos éticos que non sempre viaxan pola misma estrada.

    Cada dous por tres sae unha nova na rede sobre a viabilidade deste tipo de negocios, pode ser que unha parte sexan os famosos ‘fuds’ pero dende logo que como di o refrán ‘cando o rio sona é porque auga leva’.

    O tempo dira cal é o verdadeiro modelo de futuro, de momento as apostas siguen en pé.

  2. Concordo, as apostas seguen en pé. Agora deixo dúas consideracións:

    1.- Constrúe o teu criterio a partir da demanda provinte da administración pública xa que logo ela irá recompoñer o mapa da demanda de servizos especializados en SwL. Por que? Sinxelo, ela ten a *obriga* de facelo (garantir o que se fai cos datos da súa cidadanía -non se pode auditar sen posuir o código fonte-, economizar recursos que a cidadanía lle da vía impostos, ética política, seguridade -portas traseiras recoñecidas en sistemas privativos-, etc.) alén de ser o maior cliente de servizos informáticos (a lo menos por estas terras).

    2.- Non me preocupa que grandes multinacionais teñan atrancos recompoñendo o seu modelo de negocio (cousa que *si* que o está a facer moi ben IBM). Mira mellor cara AGASOL (Asociación galega de empresas de SwL): son 25 empresas nun só ano dende a súa constitución, xeran +150 empregos e facturan +6 millóns de euros. Estamos a falar de emprego endóxeno, xusto o que promulgan as iniciativas FLOSS.

    En canto a modelos de negocio, unha boa vía de partida pode ser esta:
    http://www.opensource.org/advocacy/case_for_business.php

  3. Concordo co primeiro punto, a administración pública debe usar sw libre pero dase a causalidade de que moito de ese sw libre é desenrolado por grandes empresas que son as únicas que poden afrontar a inversión que supóno desenrolo dunha gran aplicación. ¿Ou a caso poderiase manter de forma competitiva con respecto a suite de Microsoft o OpenOffice se só fose mantido pola famosa comunidade? eu penso que non.

    Por outra banda cousa que xa temos falado, concordarás conmigo que no sw libre faltan ferramentas que sí ten a competencia para o interes de moitas empresas -Exchange, MOSS, SharePoint, Active-Directory,…- son ferramentas fortemente extendidas en moitas empresas, porque son prácticas, útiles, interesantes na dinámica de negocio da empresa; ferramentas que a día de hoxe non existen no mundo do sw libre.

    Por outra banda, ¿a cantas empresas lles interesa o sw libre?¿non prefiren a caso posuir tecnóloxia que lles permita unha mellor actividade, indistintamente de se é sw libre ou sw privativo?; esta claro que de conseguir que a administración pública use sw libre será moi boa cousa, ¿pero vai vivir o sw libre só da administración pública?¿non vai competir no amplo mercado empresarial?

    E volto a repetir, o mellor R.Stallman cando propuxo as regras do negocio do sw libre non pensaba en termos económicos o mellor pensaba máis en terminos éticos que non sempre viaxan pola misma estrada.

    Por certo, quen escribe este comentario faino dende un Ubuntu 8.10, polo tanto moi sectario penso que non son. Pero sí son crítico con aquelo que non vexo claro, Canonical leva catro anos (máis ou menos) no mercado é ainda non obtivo beneficios cando ten a distro libre máis popular ¿é iso normal? ¿non pon en perigo o principal obxetivo de toda empresa como é o susistir no tempo?¿se Mark Shuttleworth non fose rico Ubuntu sería posible? (por certo eu comprei o cd).

    Ben, son moitas preguntas as que fago e moitas máis as que teño.
    Pouco a pouco espero que as poida ir aclarando.
    🙂

  4. Desculpa a demora ao respostar… estas festas, xa se sabe.

    Dis: “Ben, son moitas preguntas as que fago e moitas máis as que teño.” e para non seguir coa nosa tónica xeral de longas preguntas e longas respostas propoño convidarte a un dos eventos onde participo e pagarte un café-refresco-viño… o que queiras! porque a escrita non é o mellor camiño nin o máis fructífero.

    Fica atento ao calendario e anuncios que vaia dando dos evento onde participo e dame un toque porque, alén de todo, non sei nin quen es, nin como te chamas… nin ná 😀

    Apertas,

  5. vakantiehuisjes huren…

    asennadas » 2008 » Decembro…

  6. vakantieparken frankrijk…

    asennadas » 2008 » Decembro…