Por que o sistema de paquetes de Debian non é estándar?

É unha pregunta que me fago cada “x” tempo.

Percorrín dúcias de distros, dende a sempre benquerida Slackware até hoxe, pasando por varias distros que empregan RMPs, directamente códigos fontes ou até as *BSD e mailo fabuloso “make world” (hoxe substituído por outros pasos como “make buildworld” e “make installworld”) . Con fecuencia leo as múltiples dificultades de dependencias que posúe o sistema RPM, nada tralo éxito do sistema de paquetes de Debian, e a historia persiste agora que non uso nin Fedora, Mandriva, SUSE ou semellantes.

Non é que sexa perfecto o sistema das *.deb pero, por regra xeral, é unha auténtica gozada, con certeza. Porque si, de cando en vez teño algúns atrancos por dependencias non solventadas ou “tuberías rotas” pero… finalmente resolvénse case sempre moi doadamente, e noutras veces con paciencia, tesón ou co simple transcurso dun tempo de espera.

Cos RPMs? Os problemas eran, e semella seguir sendo, moito máis persistentes e contínuos. Xa non digo de instalares paquetes “de-sistema” ou “de-distro” senón dun calquera que, por exemplo, dependa dunha biblioteca concreta que xa teñas instalada. E non digamos instalar rpms de distintas distros! Isto adoita ser coñecido como o “inferno da dependencia” (dependency hell).

A simpleza e velocidade de Slackware sempre me abraiou, na contra doutras cousas como a súa filosofía máis vertical ou, como neste caso, o sistema de paquetes. Mágoa que sexa moi curto o número de paquetes tgz dispoñibles!

Ben sei que na variedade está a certeza de acadarmos un obxectivo común. Sempre ten que haber quen vaia investigando por algures para confirmar que o camiño certo e “tal”. E aínda tendo a certeza dese “tal” camiño, hai que seguir deixando portas abertas e incentivando á investigación pero… as estas alturas, despois de algúns anos de experiencia, non sería bo termos unha ringleira de apoio e desenvolvemento masivo a prol do sistema de paquetes Debian? A iso refírome ao poñer no título a verba “estándar“.

Paga a pena lembrar que o sistema de repositorios común nas Debian foi recollido polas distintas distros, sexan do tipo código fonte, tgz ou rpm. O sistema APT xestiona á ferramenta de baixo nível dpkg a xeito de front-end, algo que nas RPMs o fai YUM dende hai poucos anos. E todo isto véu… hai que recoñecelo, de Debian.

Podes ler máis sobre isto en The story of RPM, dpkg, rpm, APT e a partir daquí as ligazóns que recomenden.

De seguro que algunhas das ideas que deixo neste artigo serán transitorias, tan só un lapsus emocional.

asennadas

3 ResponsesPor que o sistema de paquetes de Debian non é estándar? to “”

  1. ¡Hola Roberto! ¿Has probado yumex? Es verdad que apt es mucho más rápido que yum pero también tiene menos funcionalidades.

    Lo que deberían buscar los sistemas de paquetes es poner a disposición del usuario el mayor número de software posible, con la mínima intervención manual del usuario, y manteniendo siempre la coherencia de la instalación.

    Debian también ha recibido importantes ideas de otras distros: empezando por el propio sistema de paquetes. No sé como andará ahora pero en anteriores versiones, hacer el equivalente a un “rpm -V procps” era sencillamente imposible. Algo básico para detectar troyanos.

    Todos aprenden de todos, ¡y eso es bueno! 😉

  2. No sé que me daba que algún comentario tuyo iba a tener. Bien nos conocemos por estas aventuras. 😉

    No, no he probado yumex. Hace tiempo que no pruebo distros, y las pocas que pasaron por mis manos fueron exclusivamente a través de máquinas virtuales.

    Y, sí, estoy de acuerdo con que todos aprenden de todos. Por algo siempre defendí la diversidad, siempre incomprensible para quien se acerca al SwL, como una de nuestras mayores riquezas y fuente de innovación.

    Respecto a si Debian recibió la idea del sistema de paquetes… lo he investigado bastante y casi sin éxito ya que sólo dejo un esbozo en el antepenúltimo párrafo de este “artículo-opinión”. La Wikipedia comenta que lo empezó a desarrollar (sistema de paquetes con repositorios…) en el 1993. A esas alturas RedHat no existía. Pero sí, como es habitual, luego todos se nutren de compartir códigos libremente.

  3. Pois será como sexa pero para min hai diferencia tamén gusto máis de traballar con paquetes ‘.deb’ que con outro tipo de paquetes.

    Cando empecei con isto de Gnu/Linux o primeiro que instalei era unha Mandrake, logo pasei a Ubuntu 6.06 (cambio radical) seguin xogando e instalei unha Fedora 8 -un enorme dor de cabeza para o meu torpe cerebro- logo veu unha OpenSuse 10, e dende fai un tempo no pórtatil teño unha Debian Ecth4.0 e no equipo de sobremesa un Ubuntu 8.04 que se vai quedar hai ata a próxima versión LTS de Ubuntu.

    Que aprendan uns doutros todo o que queiran pero xa é hora de puxar xuntos por un mesmo sistema de paquetes, e de facer unha posible unha instalación simple-limpia-fácil independentemente da distro. Supoño que nisto entra en xogo o LSB (ainda que estes escolleron o formato de paquetes RPM), cousa que non entendo.