Diferenzas entre quen usa Ubuntu e Debian

Vese en Slashdot un artigo resume doutro artigo feito por Bruce Byfield sobre as diferenzas existentes entre quen emprega Ubuntu e quen o fai con Debian.

Por se non imaxinas xa os resultados, velaquí unha tradución libre do artigo de Slashdot:

Vai  dunha

…ollada ás estadísticas dos proxectos Popularity Contest (n.d.r. deixo a ligazón ao README do arquivo colgado por Debian, idéntico ao colgado por Ubuntu) en Debian e Ubuntu. Estes proxectos rastrexan a baixada e actualización de quen usa as súas distribucións, revelando -ningunha sorpresa aquí- que os usuarios de Ubuntu semellan máis newbies cós de Debian. Os números revelan, por exemplo, que o 86% das máquinas Ubuntu empregan o controlador privativo NVidia, onde só acontece de xeito circunstancial nas máquinas Debian. Así mesmo, quen usa Debian é máis ecléctico na súa elección de software e das opcións que veñen por defecto. O artigo remata coa ollada aos límites que as conclusións poden debuxar de estadísticas como estas.

Podes instalar ese paquete para axudares á mellorar ás distribucións Debian/Ubuntu:

sudo apt-get install popularity-contest

A aplicación execútase periodicamente de xeito transparente ao usuario empregando o servizo cron.

Podes comparar os resultados en Ubuntu e Debian clicando nas ligazóns pertinentes.

asennadas

2 ResponsesDiferenzas entre quen usa Ubuntu e Debian to “”

  1. “86% das máquinas Ubuntu empregan o controlador privativo NVidia, onde só acontece de xeito circunstancial nas máquinas Debian…”

    Home, isto é normal, Ubuntu estan empezando a empregalo moita xente que fai un, dous, ou tres anos non sabian nin da existencia de Gnu/linux, polo tanto o seu coñecemento é moi básico, e por outro lado ainda non teñen moi asumido iso de usar un equipo ca maior parte de sw libre posible. Por outro lado os usuarios de Debian soen ser máis avantaxados nos coñecementos do sistema, polo tanto poden facer cousas que para outros usuarios sería moi dificil ou ate imposible.

    Que a cousa siga así e que a migración hacia sistemas Gnu/linux non pare ainda que en moitos haxa sw privativo instalado.

    Que por certo os firmware de Debian son libres ate que non se demostre o contraio, curiosa forma de facer libre o código.

  2. Concordo coas conclusións que das. De feito o anticipaba no propio artigo “Por se non imaxinas xa os resultados…”.

    Unha das utilidades que podemos obter destas enquisas pode ser, por exemplo, saber cal é a aplicación máis empregada nun contexto determinado e así atinar mellor a escolla que desexas facer no canto de ires probando unha a unha ata formares a propia opinión.

    E si, o caso é que se mellore e libere o sw que usemos 🙂