KDE 4.2 liberada, traducida totalmente ao galego

Miguel Branco comenta na lista de correo G11n que Filed under: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza by Roberto Brenlla

2 ResponsesKDE 4.2 liberada, traducida totalmente ao galego to “”

  1. Olá, moitas grazas pola citación e felicidades polo blog!.

    Detallo o de que non recomendo Ubuntu para probar KDE… antes de que ninguén me salte á chepa, LOL. Primeiro porque non é unha distro orientada a KDE; tampouco Kubuntu ten o pulo suficiente como para ser un competidor relevante. Segundo, pola política propia de empaquetado da distribución, na que non se soe facer ‘backports’. Isto é, KDE 4.2 aparecerá con Ubu 9.04 e ata daquela Ubuntu non compila ‘oficialmente’ KDE 4.2 nin lle engade melloras que se fagan na pola de desenvolvemento e que puideran ser relevante.( isto é aplicable a tódolos seus paquetes, penso). A este respecto, outras distribucións coma Opensuse e Mandriva compilan regularmente en engaden funcionalidades propias ou tomadas das polas de desenvolvemento. Isto foi o caso, por exemplo, de que o ‘folder view’ puidera funcionar coma escritorio clásico na 4.1 en opensuse, cando era una novidade que en KDE se traballou para a 4.2 e que oficialmente sae de KDE como nova para esta versión pero que os desenvolvedores de opensuse consideraron relevante e traballaron para incluila na 4.1 que eles compilaban. Igualmente, non integran do mesmo xeito KDE na distro como outras distros, caso do excelente traballo de Mandriva, distro amizable para novatos en linux, ou opensuse, que é máis xenérica e un pouco máis orientada a usuarios máis profesionais.

  2. Grazas a ti e maila turma KDE 🙂