ODF é adoptado por 16 países (polo de agora)

Entérome polo blog de Jomar Silva que Venezuela vén de adoptar oficialmente o estándar ODF. O Open Document Format (ODF) continúa gañando espazo entre os gobernos como o formato escollido para a elaboración dos seus documentos. A ODF Alliance anunciou que Alemaña e Uruguai uníronse aos outros 14 países e 8 gobernos rexionais na adhesión do ODF, e non do OOXML da multinacional de Redmond.

A importancia do apoio de gobernos foi evidente cando os partidarios do ODF gañaran a adhesión do goberno de Massachusets, nos EEUU. O Estado afirmou que a decisión se baseou en facer os documentos accesibles para calquera persoa no futuro.

Os 16 países que optaran polo ODF están Bélxica, Brasil, Croacia, Dinamarca, Francia, Alemaña, Xapón, Malaisia, Holanda, Noruega, Polonia, Rusia, África do Sur, Suíza, Uruguai e Venezuela. Alén diso, adheriran o ODF dúas administracións españolas, dúas na India, unha na Arxentina, unha na China e o Estado do Paraná en Brasil.

E a suma ha seguir!

asennadas

One ResponseODF é adoptado por 16 países (polo de agora) to “”

  1. […] por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para […]