Miro a piques de acadar a versión 2.0

Miro é un aplicativo libre para ollares con alta calidade canles de video desde Internet (video podcasts e video rss). Miro está deseñado para ser cómodo e doado de empregar, ofrecendo milleiros de canles que podes baixar ao teu computador.

Miro tamén é quen de gardar os videos de YouTube, GoogleVideo e sitios semellantes pero tamén baixa e reproduce directamente os videos que descargas empregando Bittorrent.

O proxecto está a ser desenvolvido por Participatory Culture Foundation, fundación sen fins de lucro, conscientes de que a televisión e a multimedia en xeral son determinantes para espallar a cultura.

Podes obter Miro tanto en binarios multiplataforma como fontes.

asennadas

One ResponseMiro a piques de acadar a versión 2.0 to “”

  1. Levo usándoo dende que se chamaba Democracy, a ver con que novidades nos sorprenden.

    Unha pena que non seguiran desenrolando o Broadcast Machine para sacarlle mais rendemento o seu soporte de bittorrent.