O supercomputador #1 tamén con GNU/Linux

O goberno dos Estados Unidos contratou a IBM para construir o supercomputador con máis potencia cós actuais da lista Top500 maiores supercomputadores do mundo.

A nova pode lerse en varias fontes (Slashdot, The Inquirer, Código Cero, …) pero en Br-Linux engaden ademais que o sistema de IBM, nomeadamente Sequoia, empregará como sistema operativo GNU/Linux.

O supercomputador terá unha capacidade de 20 petaflops e será usado polo Departamento de Enerxía dos EE.UU. para buscas de materias primas nucleares. Paga a pena comparar cos actuais sistemas máis rápidos que ata hoxe alcanzan 1 petaflop, éxito atinxido aínda o ano pasado.

O Sequoia empregará uns 1,6 millóns de núcleos de procesadores, todos chips de IBM executando GNU/Linux, terá unha memoria de 1,6 terabytes e será hospedado en 96 estantes, cada un do tamaño dun frigorífico.

Sequoia é unha árbore xigantesca que da nome a un parque natural americano.

asennadas

Os comentarios están pechados.