Personalizando o arranque cunha imaxe

Decidín probar o que detalla FOSSwire referido á personalización do menú de arranque GRUB. O resultado foi o agardado e só tiven que ter en conta que a miña Ubuntu dispón no dun directorio específico para ubicar as imaxes para o xestor de arranque.

Daquela copiei a imaxe que fixen
sudo cp grub-splash-tegnix.xpm /boot/grub/splashimages/

e logo editei o menú de opcións do GRUB:
sudo gedit /boot/grub/menu.lst

deixando as liñas clave como sigue:
# Hides the menu by default (press ESC to see the menu)
#hiddenmenu

# Pretty colours
#color cyan/blue white/blue
foreground 000000
background cdcdcd
color blue/black

# imaxe grub
splashimage=(hd0,0)/boot/grub/splashimages/grub-splash-tegnix.xpm

asennadas

4 ResponsesPersonalizando o arranque cunha imaxe to “”

  1. Moi boa entrada, isto de pooder personalizar ate o fondo o teu sistema sempre me chaomou a atención.

    Mira e non sería máis fácil usar : StartUp Manager , e así de paso podes eliminar algún dos kernels antigos que tes.

    bye

  2. Os kernels antigos non ocupan moito espazo e sempre son unha garantía en caso de problemas cos novos 😉

  3. Tes outra posibilidade que é instalar Startupmanager.
    Agora tes unha opción Administrador de arranque en Sistema Administración que che permite no so mudar a imaxen do Grub senon mesmo nudar a imaxen do usplash.

  4. Bo apuntamento! O curioso é que o tiña instalado pero esquecín usalo desta vez. 🙂

    En todo caso, como sempre pasa, o bo é que hai moitos xeitos de facer o mesmo.