Obradoiro de OpenOffice.org avanzado na Univ. Vigo

GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.

Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.

O prazo para a matrícula remata o día 6 de marzo, comezando xa para a seguinte semana. Os días de clase serán Luns e Mércores de 16:00h ata as 19:00h.

O programa completo

Máis información para a matrícula

Este novo obradoiro vén a completar os anteriores ofrecidos pola asociación a través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel básico de introdución da suite ofimática por Jose A. Fernández Troncoso e que dispuso o material de traballo na súa web.

Fonte.

Os comentarios están pechados.