Touch Book, con software e hardware libres

A conquista a prol dun hardware libre estase a afianzar. Olla as características do hardware (dispoñible en PDF baixo licenza GPL) do Touch Book:

  • 9.4″ x 7″ x 1.4″ con teclado, peso aprox. 910 gramos
  • ARM Texas Instruments OMAP3 chip
  • 1024×600, pantalla de 8.9”
  • 8GB micro S
  • Wifi 802.11b/g/n e Bluetooth
  • Aceleración 3D
  • Altofalantes, micro e entrada para auriculares
  • 6 USB 2.0 (3 internos, 2 externos, 1 mini)
  • 10h a 15 hours de batería

A proposta vén de Always Innovating que andaba na procura dun dispositivo revolucionario que funcionara como un netbook ou como un tablet, grazas a un teclado extraíble e unha interface 3D tamén manexable por tacto (touchscreen). Tes unha galería de fotos para ollar estes detalles.

O hardware está baseado no BeagleBoard e oseu sistema operativo no OpenEmbedded que inclúe o Fennec, o navegador de Mozilla para dispositivos móbiles.

Fonte.

asennadas

One ResponseTouch Book, con software e hardware libres to “”

  1. e este invento vendese no estado español?? se tivese algo máis de disco duro seria caralludo… ainda así o meu notebook o asus Eee penso que se vai quedar con el a rapaza así que o mellor se cadra quizais pode ser que esta sexa unha opción para comprar outro para min.