Atlas Mundial Galego da CRTVG

Entérome pola mensaxe de Antón Gómez Méixome enviada ás listas G11n (numerónimo de galeguización) da existencia desde hai uns días do Atlas Mundial Galego da CRTVG.

Antón sinala que “De momento contén pouca información pero agárdase que aí por mediados de ano se vaia completando. Por fases“.

Os obxectivos do Atlas son:

  • Crear unha base de datos toponímica
  • Adoptar criterios sobre o tratamento de topónimos estranxeiros en galego
  • Glosario de terminoloxía toponímica
  • Páxina web

Resta por ver o que acontecerá coa licenza do seu contido así como o uso de ferramentas flash.

asennadas

Os comentarios están pechados.