Xornada de SwL na Universidade Pontificia de Salamanca

O vindeiro xoves 26 de marzo haberá unha xornada de SwL na Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA) auspiciada polo amigo e socio de AGNIX Alex González que, rematando a carreira e iniciando un ambicioso proxecto empresarial, non perde a oportunidade de promover o SwL.

Ao evento iremos Claudio F. Filho e eu por parte de TEGNIX, e Ghe Rivero, desenvolvedor de Debian e Guadalinex á vez que responsable CPD da propia UPSA.

Como dixen hai pouco, anovarei as miñas presentacións comezando por esta xa que logo irá en castelán a xeito resume e titulada “Sofware Libre, de la ética a la implantación masiva“.

asennadas

Os comentarios están pechados.