M$ demanda a Tom Tom que tamén viola a GPL

A recente demanda de Micro$oft contra Tom Tom, por presunta violación de varias patentes, puxo ao descuberto que varias compañías poderían estar a violar a GNU/GPL. Steven J. Vaughan-Nichols está a investigar estas posibles violacións da GNU/GPL, que estarían relacionadas con acordos secretos para o licenciamiento da patente de FAT de Microsoft.

Así que, mentres sabemos que hai polo menos 18 asinantes de licenzas FAT LFN, aínda descoñecemos que compañías asinaron eses acordos. Esta información é mantida en segredo por Micro$oft e estas compañías son ben conscientes das consecuencias legais referidas ao código fonte aberto que podería resultar a partir de admitir estes acordos de patentes. A máis importante razón de por que especificamente estes acordos están baixo un NDA [Non-Disclosure-Agrerment, acordo de confidencialidade] é que calquera compañía que acepte unha licenza híbrida de patente, sen cubrir aos seus destinatarios finais, é dicir, os usuarios, é unha violación directa á GPLv2 sección 7.

Noutras palabras, quen asinen, ou asinen, acordos de licenciamiento con Microsoft para evitar ser demandados por violacións de patentes de Microsoft, están a violar a GNU/GPLv2 e GNU/GPLv3.

Probablemente comezarán a xurdir campañas para deixar de utilizar FAT32, de maneira similar a como se fixo no pasado coas imaxes en formato GIF, cuxa patente é propiedade de Unisys, xa expirou, involucraba o formato de compresión LZW, o cal practicamente orixinou o nacemento do formato PNG como alternativa. O caso de Unisys deixou varias leccións para meditar. Tamén converteu a Unisys nunha compañía coa que todo o mundo negábase traballar ou relacionarse. É tempo de pensar en crear un formato alternativo a FAT16/FAT32/NTFS, libre de patentes, que sexa utilizado como estándar para a industria?

A fonte apunta cara Linux Weekly News.

asennadas

Os comentarios están pechados.