Open Source, é Capitalista ou Comunista?

Bruce Perens é o creador da “Open Source Definition“, o Manifesto Open Source sobre software de código aberto. Perens representou ao Open Source no Cúmio Mundial das Nacións Unidas sobre a Sociedade da Información a proposta do Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

Bruce Perense escribe un artigo titulado “Open Source é capitalismo ou comunista?” que atopei grazas a esta fonte. Traduzo parcial e libremente algo del:

Xa hai blogueiros que afirman que o Open Source é un movimento capitalista! Hainos que din que é comercial! E, Open Source é sobre capitalismo, non sobre Freebies!

De feito, a verdade é moito máis complicada. Imos entrar na economía de software e de empresas para comprendelo.

Primeiro, son os negocios capitalismo? Con certeza, podes dicir. Pero a verdade é que as empresas raramente operan baixo un modelo puro de capitalismo. E menos agora. Baixo tal modelo, as empresas en bancarrota ou non competitivas non estarían permitidas, morrerían nunha especie de lei Darwin social.

(…) Pero non só son empresas comunistas as que erran. As empresas esixen o “común” (Commons) para operar. Vías públicas e de infraestrutura en xeral, son os exemplos usuais, pero tamén a máis ampla colección de case todo o que o goberno fai: proporcionar un marco común de dereito para que as empresas poidan competir, manter a orde civil, proporcionar educación para a forza de traballo, financiamento da investigación e do desenvolvemento.

Engade á lista do “común” que os negocios dependen do Open Source . Open Source é o sistema interestatal de estradas de software. O sistema funciona con internet e infraestruturas de telecomunicacións a través das cales as empresas comunícanse.

Daquela Open Source é comunista? Non normalmente. O seu desenvolvemento e finanzas xiran arredor de tres paradigmas distintos, e só un deles pódese dicir que non ten un obxectivo presente na empresa. Son estes:

  1. Infraestrutura (Linux, Apache, Eclipse…)
  2. Sen ánimo de lucro (Free Sw Foundation)
  3. Lucro Directo (MySQL, Spring…)

A seguir o autor ofrece unha serie de exemplos de negocios arredor do mundo do SwL e mailo código aberto (FLOSS, para abreviar) contemplando tamén os casos mixtos, é dicir, os que empregan vías capitalistas e comunistas como Google.

asennadas

Os comentarios están pechados.