Traducir (con) Software Libre, libro CC

Onte non puiden ir a unha cita en Vigo con varios compañeiros onde Óscar Fouces íanos presentar o libro “Traducindo (con) Software Libre“. Daquela deixo o texto posto por Carlos na páxina de GALPon:

Probablemente o primeiro libro adicado a tradución e localización editado con licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 en España.

Froito da coordinación de Oscar Díaz Fouces e de Marta García González, ambos pertencentes á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, naceu este proxecto “Traducir (con) Software Libre“.

O obxectivo fundamental é estimular a curiosidade de traductores e docentes hacia este ámbito, así como ofrecerlles un bo número de pistas para incorporar os produtos libres aos seus respectivos espazos profesionais.

A introdución feita polos autores da Universidade de Vigo explica a motivación deste proxecto debido á globalización do mercado e ao desenvolvemento acelerado das novas tecnoloxías da información que provocan un incremento exponencial das oportunidades para os profesionales da xestión lingüística.

Como se comenta no libro, semella claro que as tecnoloxías dixitais instaláronse con forza, tanto no mundo das personas que teñen na tradución a súa actividade profesional, como no de aquelas que se ocupan de formalas. Sen embargo, chegados a este punto, convén sinalar que parece existir unha clara unanimidade na preferencia polo uso de determinado tipo de ferramentas informáticas, concretamente os produtos de carácter pechado e comercial.

O libro foi publicado pola editorial Comares e ten un prezo de 22€.

Paralelo a isto lembra que hai pouco Mancomun.org publicou unha nova versión do  Manual de Localización ao galego en colaboración coa comunidade.

asennadas

Os comentarios están pechados.