Tela Azul, comedia teatral sobre SwL

A peza teatral “Tela Azul” refírese ao fondo de escritorio de cor azul que o sw privativo popularizou. Foi ideada e creada pola 4Linux e gravada durante o evento Campus Party 2008. Contou coa participación de John ‘maddog’ Hall e ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Uso Non-Comercial 2.5 Brasil.

Esta breve comedia está falada en portugués do Brasil e conta con subtítulos en inglés. Sendo así, seguila é moi doado, sobre todo se coñeces algunhas traducións especiais: “bilau” é carallo, “camisinha” é condón e “software fazedor de cornos” é o window$ (dado que o persoal dun CPD terá que traballar a reo até fins de semana, implicando por ilo a necesidade de sufrir ameazas por parte da súa parella do senso de buscarse amante).

Souben dela por Claudio F. Filho quen aparece ao final da obra na sección de agradecimentos xunto a outros persoeiros brasileiros.

Por certo, durante unha cea con Manuel Hermo pensamos facer unha obra de taeatro tamén de humor sobre un tema semellante. Aínda non sabíamos desta obra “Tela Azul” e a cousa ficou nun simple desbarre. Persoalmente animaríame a facela se fósemos uns cantos ‘entusiasmados’ polo proxecto. Anímaste? Levámolo adiante? 🙂

E xa que estou con videos, deixo a seguir a ligazón aos moitos videos favoritos do concurso promovido pola Linux Foundation baixo o título “I’m Linux“. Aínda estás a tempo de enviar un!

asennadas

2 ResponsesTela Azul, comedia teatral sobre SwL to “”

  1. Apúntome.

  2. Tomo nota 😉