Extinguirase Window$ coa entrada do Cloud Computing?

Para Stallman o Cloud Computing é estupidez e para outros o noso futuro inmediato. Cloud computing (computación en nube) segundo a Wikipedia é “un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)“.

Stefan Neagu é o responsable de Tux Geek e o autor dun atrevido artigo titulado “MinWin And Small Linux OS’s Will Replace Windows In 5 Years” ou “MinWin e Small Linux OS’s ha substituír Windows en 5 anos”. Traduzo libremente partes del:

A morte de Window$, moi probablemente non proveña do avance de Linux no escritorio senón a partir de sistemas operativos en nube.

Revisando todos os tipos de iniciativas emerxentes (start-ups) da Web 2.0 e, máis recentemente, o Cloud Copmputing, Stefan cre que Micro$oft está moi asustada con ilo. Micro$oft ten medo á perda de cota de mercado: Outlook está perdendo clientes polos servizos de correo web como Gmail ou Yahoo!Maill, Word e Excel perder clientes para Zoho e Google Docs. A tendencia é máis ca óbvia.

O que é menos óbvio para os usuarios finais neste momento é a existencia de sistemas operativos en nube, como o EyeOS (SwL de licenza AGPLv3).  EyeOS ofrece funcionalidade suficiente para manter un ambiente de traballo, con aplicacións de produtividade, integrando compatibilidade con documentos de M$-Office e fácil importación/exportación de arquivos.

A aparición do Cloud Computing provocou a creación de MinWin (…) como a resposta de Micro$oft para loitar na contra de pequenos Linux como DamnSmallLinux.

O diagrama lateral pode amosar mellor o funcionamento dun pequeno netbook. Unha vez conectado a EyeOS, toda a maxia acontece do lado do servidor: verificación e-mail, ollar unha película ou engadir unha cita, todos os procesos teñen lugar no servidor. A única esixencia deste modelo é unha conexión á Internet, e hoxe as temos até inarámicas: 3G sen fíos, 802.11n e logo WiMax.

A xente quere portabilidade. Transferibilidade dos formatos de documentos, datos, música, imaxes… e, é isso que é incrible, o poder dunha máquina servidora en algo tan pequeno coma un netbook.

asennadas

Os comentarios están pechados.