BUM, boot-up manager

Os servizos que ofrecen os sistemas GNU/Linux axústanse nun escritorio GNOME baixo Debian e Ubuntu en “Sistema/Administración/Servizos“. Acontece que é sinxelo demais. Para afinalos máis tes que facelo manualmente e entender moi ben o que acontece baixo /etc/init.d/. Aínda e así pode que queiras simplemente desactivar algún servizo retirando permisos de execución pero:

  • Terás unha mensaxe de erro en tempo de arranque (a menos que parchees todos os scripts)
  • Estarás rachando coa lóxica cadea da política-debian referida á configuración dos runlevel

Alén disto é complexo traballar con enlaces simbólicos, permisos, ordes de execución… e para ilo fíxose BUM, boot-up manager, xestor do arranque en xeito gráfico. Maila todo, convén que leas a súa documentación e neste wiki antes de meter man nunha parte tan delicada do teu sistema.

Souben del por esta fonte.

asennadas

One ResponseBUM, boot-up manager to “”

  1. Este aplicativo xa formaba parte da primeira beta do GALPon MiniNo aló polo mes de Xuño e sigue a estar presente nas versións “Málaga” e “Ronsel”, así como no desenvolvemento da nova (futura) versión.

    Engadir que “BUM” está en galego grazas o equipo de tradutores de GALPon MiniNo (a súa vez integrados no proxecto trasno e en Ubuntu Galician Translators)