Encarta morre, Wikipedia vive!

Como é sabido, non adoito escribir sobre a empresa de software privativo de Redmond máis co imprescindible e, certo, sempre para poñela como o “anti-paradigma” da liberdade do coñecemento.

Acontece que onte lin de pasada que “M$ pecha Encarta” apuntando cara o artigo orixinal en inglés “Microsoft To Shutter Encarta, Read All About It On Wikipedia” ou o que é o mesmo “M$ pecha Encarta, le todo sobre isto na Wikipedia“. Bo título, con certeza!

Cando dou relatorios adoito pór como caso de éxito de modelo colaborativo á Wikipedia enfrentándoa coa emblemática Britannica, a raíña ata 2005. Hoxe a Wikipedia supera á Britannica en varias comparacións: número de idiomas soportados (+230) , de artigos (+12 millóns, ~3 millóns só en inglés), en neutralidade, etc. e está a traballar en mellorar a confiabilidade xeral ou a loita contra o vandalismo que pretenden desprestixiala (como os sonados exemplos de cadeas de televisión colocando entradas falsas, sen contar tamén que axiña eran retiradas amosando a rapidez de reacción da “comunidade”). Mailas críticas, recentemente a propia Britannica sinalou que quere parecerse máis á Wikipedia.

Ler que Encarta de M$ sae deste mercado dame un pouco por rir, máxime se un le unha xa obsoleta comparativa de cada unha delas.

Morrendo e todo non a liberan nin a doan á Humanidade! Por que? Amosa ben ás claras e ata despois de morrer a calaña da súa misión na transmisión do coñecemento.

Requiescat In Pace

asennadas

2 ResponsesEncarta morre, Wikipedia vive! to “”

  1. De seguro que wikipedia mola, e o seu paradigma de desenvolvemento é comunitario, pero non esta libre de contradiccións, como a que lle leva á es.wikipedia.org a falar de “Junta de Galicia”.
    E sonche problemas que teñen dificil solución, precisamente polo relativista do modelo meritocrático…

  2. Amigo, pon Junta porque está en castelán, igual que non pon “London” e si “Londres”. “Xunta” en castelán simplemente non existe 😉