HOWTO: ferramentas de procura na web social

Hai menos dun mes escribín sobre o artigo de Robin Broitman, consultora experta en redes sociais aplicadas ás empresas e directora de IIG (Interactive Insight Group), titulado “HOWTO: Medra a túa Rede Social“.

Desta vez Robin sinala que as Redes Sociais xeraron unha explosión de información en liña. A xente escribe en blogs, microblogs, marca páxinas, comparte, comenta, etc. Podes dispor desta voráxine de información e coñecer o que se escribe sobre ti ou a túa empresa, os teus competidores e mailos asuntos nos que teñas interese.

O desafío é como atopar, filtrar e procesar a información que necesitas?

Robin xa ofreceu unha Superlista de Métricas dos Medios Sociais. Agora tes este conxunto de ferramentas, sitios web e servizos que axudan xustamente a atopar, filtrar e procesar a información que necesitas.

Na lista figuran Addictomatic, monitorThis, Samepoint, Social Mention, WhosTalkin?, FriendFeed Search, Omgili, HowSociable?, egoSurf, etc.

asennadas

2 ResponsesHOWTO: ferramentas de procura na web social to “”

  1. Lastima que lista mesma sexa un desafio por filtrar e procesar.

    Xunto a o seguimento de intereses, marcas, e actualidade outro uso distas ferramentas e o de contextualizacion. En temas cos que non estou moi familiarizado vexo util escoitar o que se di

    Dous mostras de contexto usando a verba ‘meatcloud’ (scaling via adding more people):

    – Conversations.net
    http://www.google.com/cse?cx=006233676488560939137%3Arj_oqhqzwry&ie=UTF-8&q=meatcloud&sa=Search

    – Kosmix (unha sorte de busqueda extendida na wikipedia)
    http://www.kosmix.com/topic?q=meatcloud

    Istas dous ferramentas non aparecen na lista do IIG 🙁

  2. Pois moi agradecido polas túas aportacións 🙂