‘asennadas’?

asennadas é o alcume que elixín para a miña andaina pola Internet.

Sinala o ano e país onde nacín, o amor á familia, o amor pola nosa língua, o amor á terra e terras onde habitei e habito, a afección que teño dende neno (que lle imos facer!) á tecnoloxía e aos retos (sonvos racing) e a admiración ao traballo serio e ben feito, á honestidade, sinceridade, xustiza social, entrega, compromiso… paixón.

asennadas é a homenaxe ao meu coetáneo e sempre lembrado

Ayrton Senna da Silva

Valeu Senna!

Valeu Ayrton!

Desde marzo de 2009 comecei a escribir regularmente sobre F1 na sección racing. Porén, só foi esa tempada… non podo continuar. A escaseza de tempo é un mal das nosas vidas.

Podes mandarme un correo-e a brenlla_SEN_SPAM_gmail.com

.

Os comentarios están pechados.