Debian soportará kernel FreeBSD

Joerg Jaspert vén de anunciar nas listas de desenvolvemento de Debian que se engaden dúas novas arquitecturas ao arquivo:

  • kfreebsd-i386 AKA GNU/kFreeBSD i386
  • kfreebsd-amd64 AKA GNU/kFreeBSD amd64

Joerg advirte que se trata de NMUs (Non Maintainer Uploads).

A duas novas arquitecturas (Joerg cre que se deberían nomear sistemas operativos) están dispoñibles nas ramas unstable e maila experimental. Arráncase daquela en baleiro, importando exclusivamente o necesario para executar un buildd (Debian package auto-builder). Por tal razón non se poderá empregar de inmediato aínda que o propio Joerg cre que tal cousa acontecerá axiña.

Fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.