YourGnome, garda a configuración do teu Gnome

yougnome permite crear unha copia de seguridade de todas as cousas relacionadas co teu Gnome nun arquivo de tipo tar.gz. Este programa xa dispón de interfaz gráfica.

Que garda yourgnome? Velaquí a lista:

  • Todos os temas.
  • Configuración de gnome-panel.
  • Bluetooth-manager (axustes).
  • Axustes de Evolution.
  • Configuración de file-roller.
  • Configuración de gnome-screensaver.
  • Configuración de gnome-session.
  • Configuración de gnome-terminal.
  • Configuración de gnome-volume-control.
  • Confuguraciones de metacity e compiz.
  • Configuración de update-manager
  • etc.

Tes información de como empregalo nesta ligazón e na fonte. Aínda así tiven que facer algúns axustes como, por exemplo, darlle permisos de escritura ao directorio creado “$HOME/yourgnomeTEMP”  e non gardar o backup nese mesmo directorio xa que logo hano borrar tras facer tal backup.

asennadas

Os comentarios están pechados.