Retomando o inittab en Ubuntu

En tempos de distros modernas que resolven todo ou case todo preocupadas en atender ao “usuario final” non importa moito saber como da comezo o sistema.

Ubuntu desenvolveu o sistema upstart, “unha substitución baseada en eventos para o ‘daemon’ /sbin/init que xestiona o comezo das tarefas durante o arranque, deténdoos cando se pecha e supervisándoos mentras o sistema está en execución. Foi desenvolvido inicialmente para unha distribución Ubuntu pero pode ser adaptada para ser empregado en todas as distribucións GNU/Linux como substitución do venerable System V“.

Se queres voltar ao sistema tradicional só tes que instalar un paquete:

$ sudo apt-get install sysvinit

Todo o upstart será desinstalado e soamente terás o ben lembrado /etc/inittab.

Probei facelo e agora volvo ler algo del por esta fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.