Fiscal madrileño defende o caos de Internet

Pedro Martínez Gracia, Fiscal da Comunidade de Madrí, comenta o seguinte suceso:

O 26 de xuño de 1997 nunha sesión histórica a Corte Suprema dos Estados Unidos confirmou unha sentenza da Corte do Distrito Este de Pensilvania (Circuit Court): o “American Civil Liberties Union versus Janet Reno“. Nel se ventilaba a constitucionalidade da Lei de decencia das comunicacións. Os altos xuíces, coñecidos como os “nove escorpións“, decidiron outorgar a Internet as proteccións da Primeira Emenda para garantir a liberdade de expresión.

A sentenza define a Internet como “unha conversación universal sen fin“. E di así: “O Goberno, non pode, a través da Lei de Decencia das Comunicacións, interromper esa conversación. Como a forma participativa de expresión de masas máis desenvolvida xamais coñecida, Internet merece a máis estrita protección fronte á intromisión gobernamental. É certo que moitos atopan algunhas das expresións ou manifestacións en Internet ofensivas e é certo, tamén, que, no medio do estrondo do ciberespazo, moitos oen voces que consideran indecentes. A ausencia de regulación gubernativa dos contidos de Internet produciu, incuestionablemente, unha especie de caos“.

Pero, seguía razoando o Tribunal Supremo: “o que fixo de Internet un éxito é o caos que representa. A forza de Internet é ese caos. Como sexa que a forza de Internet é o caos, a forza da nosa liberdade depende do caos e da cacofonía da expresión sen trabas que protexe a Primeira Emenda da Constitución dos Estados Unidos“. Por esas razóns, a lei foi declarada inconstitucional.

Esa forza á que se refire a sentenza é a propia e xenuína forza da democracia, que non esquezamos reside no POBO e non nos Lobbies.

Esta sentenza sabia, como poucas soubo construír unha ponte entre o vello paradigma da ilustración e á nova sociedade emerxente para garantir a continuidade dos seus valores. Parece ser que agora se pretende destruír esa ponte, para garantir o negocio duns poucos xa enriquecidos.

Estes son os derradeiros parágrafos do artigo deste fiscal titulado “La domadora“.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.