Oracle merca Sun Microsystems, e que?

Finalmente e mailo interese de IBM foi Oracle a que acadou un acordo para comprar Sun Microsystems por 5.600 millóns de dólares, cantidade que representa unha prima do 42% sobre o peche do pasado venres. Se se ten en conta a débeda de Sun, a operación sairalle a Oracle por 7.400 millóns de dólares.

Dáse a circunstancia de que fai quince días o xigante IBM retirou unha oferta de compra por Sun Microsystems ao non chegar a un acordo coa empresa de Larry Ellison. IBM ofrecía 5.200 millóns de dólares, un prezo que Sun rexeitaba por ser demasiado baixo.

O conselleiro delegado de Oracle, Larry Ellison, mostrou a súa satisfacción co acordo alcanzado e afirmou que “a compra de Sun transforma a industria de tecnoloxías da información“, mentres que o presidente de Sun, Scott McNealy, cualificou a fusión (?) como a “evolución natural da relación entre as dúas empresas” e afirmou que o evento supón un “fito” na historia do sector.

Artigo orixinal é “Oracle acuerda comprar Sun Microsystems por 5.600 millones de dólares – 1179741 – 20/04/09 – elEconomista.es“.

Opinión

A igual que acontecera cando era público o interese de IBM non teño temor polos proxectos libres que lideraba Sun, a lo menos de entrada. Para comezar, será tan parva Oracle de gastarse unha morea de cartos para logo destruir eses proxectos? Ese malgasto ou derroche de cartos coido que non acontecerá, é lóxico, sería como “un tiro no pé“. Suponlle a Oracle unha oportunidade por asentarse nun mercado inevitablemente emerxente incluíndo unha oferta que apenas posuía? Dende logo! E que acontecerá cos proxectos libres se deixan de ser liderados pola nova propietaria? Coma sempre, confío na comunidade, leva anos demostrándoo en múltiples casos. Como moito habería un adiamento na continuidade dalgún proxecto porque é complexo iniciar todo un movimento social para xerar un fork libre pero, de ser preciso, facerse faise.

En todo caso, se ollamos cara atrás, mellor que veña Oracle! A entrada de IBM supuxo o nacemento da Fundación Apache, a entrada de recursos ao desenvolvemento do kernel Linux, publicidade… Coa de Sun naceu o proxecto OpenOffice.org, a liberación de Java… Coas de AOL o nacemento da Fundación Mozilla… Daquela por que termos temor?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

7 ResponsesOracle merca Sun Microsystems, e que? to “”

  1. Pues esperemos que se pongan las pilas en OOo dado que hasta en el BlackHat le dan de palos por su mala seguridad, sí he dicho mala seguridad que no todo lo que se hace en swl es bonito y barato.

    http://elladodelmal.blogspot.com/2009/04/la-firma-de-odf-en-openofficeorg-es.html

    http://blackhat.com/presentations/bh-europe-09/Filiol_Fizaine/BlackHat-Europe-09-Filiol-Fizaine-OpenOffice-Weaknesses-slides.pdf

    🙁 una pensa pero es así, y te lo dice uno que usa a dirario OOo

  2. http://www.muylinux.com/2009/04/20/%C2%BFque-sera-de-mysql-java-y-ooo-ahora-que-oracle-ha-comprado-a-sun/#more-2261

    No todos piensan igual!!!

  3. Ni todos como el autor del artículo, basta leer algunos de los comentarios. Está claro, no todos pensamos igual, así que tiempo al tiempo.

  4. Umha “curmá”?

  5. Choutos, que queres dicir co de “Umha “curmá”?” ?

  6. “[…] por 5.600 millóns de dólares, cantidade que representa unha curmá do 42% sobre o peche do pasado venres.”

    Está bem usada essa palavra aí? parece dum tradutor automático 🙂

  7. Hehe, certo, tradutor automático. Correxido. Acontece que adoito revisalo polo miúdo mais desta vez escapóuseme 😀