Actualizando a BIOS nun Dell

Teño un portátil Dell XPS M1330, o mesmiño có socio e amigo Carlos e daquela deixo aquí o que fixo el para anovar a versión da BIOS dende GNU/Linux, mellora da que me aporveitei hai uns intres.

O documento base provén da wiki Dell Firmware Repository. Acontece que o script que deixan aló está pensado para o inglés e se tes a contorna noutro idioma simplemente non valerá.

Comeza engadindo estes novos repositorios:

deb http://linux.dell.com/repo cross-distro dell-firmware
deb-src http://linux.dell.com/repo hardy dell-software
deb http://linux.dell.com/repo hardy dell-software

Nunha terminal como root vai facendo:

root@lhermes# aptitude install dell-repository-keys
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

root@lhermes# aptitude install dell-firmware-repository dell-software-repository
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

Rematado isto instala o firmware:
aptitude install firmware-addon-dell
aptitude install firmware-tools
aptitude install system-bios-xps-m1330
update_firmware --yes

O proceso remata coa mensaxe “Update complete. You must perform a warm reboot for the update to take effect“. Só foi reiniciar en quente e agardar uns intres.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.