Negueime a patentar Internet porque é de todos (Vinton Cerf)

Vinton ‘Vint’ G. Cerf, científico estadounidense, considerado como un dos ‘pais’ de Internet dino alto e ben claro: “Negueime a patentar Internet porque é de todos” en clara alusión aos efectos preversos das patentes.

A principios dos anos 70 Cerf comezou a traballar con Robert Kahn no desenvolvemento dun conxunto de protocolos de comunicacións para a rede militar ARPANET financiado pola axencia gobernamental DARPA. O obxectivo era crear unha “rede de redes” que derivou en Internet. Actualmente Vinton Cerf é o Chief Internet Evangelist de Google, ocupación que compaxina co cargo de presidente do ICANN.

O creador da Rede, Vinton Cerf, destacou onte o sentido global desta tecnoloxía, na que “só cabe o desenvolvemento en comunidade“. Díxoo na inauguración da 18ª Conferencia Internacional WWW que se está a celebrar en Madrí. O certame cadra nesta edición co 20º aniversario da World Wide Web, a tecnoloxía que “achegou orde ao caos de información e comandos que conformaba Internet“. Tamén é algo vivo, “que evolucionou moito ao longo destes vinte anos e que seguirá facéndoo no futuro” xa que hoxe “sería impensable un mundo sen Internet. Afixémonos a ter toda a información dispoñible a só uns clics“.

A clave reside en que a comunidade de programadores envorcouse moito neste invento; desenvolveron aplicacións compatibles unas con outras e hanse amoldado ben aos descubrimentos doutros compañeiros da industria“, indica Tim Berners-Lee, creador da WWW.  E Cerf engade que “Cando creei Internet, negueime a patentalo. É unha tecnoloxía pensada para a sociedade, para que as persoas poidan informarse e comunicarse entre si. Os intereses particulares de liderar a industria con aplicacións patentadas e incompatibles coas do resto de programadores non teñen sentido aquí“.

E espeta, en clara referencia a empresas como Micro$oft: “Por suposto, as aplicacións propietarias (n.d.r. acho que sería mellor que dixera ‘privativas’) teñen cabida no mercado, pero o conxunto de Internet só poderá evolucionar a través dun desenvolvemento compartido, en comunidade“.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Mentras tanto velaí unha nova medida de ZP. Ten previsto dar a cada estudante de primaria un portátil do modelo One laptop per child pero co sistema operativo privativo de M$!

Souben de todo isto por Alberto Barrionuevo.

Os comentarios están pechados.