País de todo gratis

Chris Anderson, director da revista dixital Wired, sostén que a rede instaurou un modelo económico sen precedentes onde impera, xa de forma irreversible, a filosofía do “gratis total“. Esta circunstancia, máis ca un desastre, é unha oportunidade. E así o resume Anderson: “Internet é un país onde as cousas custan cero“.

Anderson escribiu o libro “The long tail” (A longa cola) a partir dun artigo seu que levaba o mesmo título. Converteuse nun superventas, unha especie de Código da Vinci da literatura dixital. Agora acaba de pór o punto final a Free “Gratis” ( e “Libre” á vez), onde afirma que se queres triunfar, tes que ofrecer produtos e servizos a custo cero. Google fíxoo e é multimillonaria. Para predicar co exemplo, o seu ensaio, que se publicará o próximo mes de xullo, non valerá un céntimo se o usuario báixase a versión dixital. Tamén sairá unha versión clásica de tapa dura pola que haberá que pagar 24,99 dólares.

Nunha entrevista á revista MuyInteresante, Anderson completa a idea de “todo gratis“. Tamén ten un blog específico para ampliares esta idea de título, como non!, The long tail.

De ser certa a súa idea teríamos unha nova (?) razón para o éxito do SwL. De feito el emprega un netbook con GNU/Linux e sinala que empresas de telefonía xa o están a regalar aos seus clientes.

Ao respecto do Open Source e Redes Sociais, Anderson dispón dun interesante artigo: Open source is a company; social media is a country.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.