Hardy a Jaunty, compiz + intel GM965

Pasar de Hardy á Jaunty (Ubuntu 9.04) mediante unha nova instalación resultou moito máis sinxela do pensado agás por unha única dificultade, a tarxeta de video intel GM965, tamén de rápida solución.

Para ilo fixen copias de seguridade nun disco externo onde deixei gardado e a man a lista de software que tiña instalado
dpkg --get-selections > dpkg-get-selections-20090426.txt
así como unha copia de Evolution (Ficheiro/Configuración de copia de seguranza), os arquivos /etc/fstab, /etc/apt/sources.list e /etc/X11/xorg.conf.

A máis repetín uns pasos para ter todos os meus datos a salvo:
sudo su -
passwd
(puxen un contrasinal provisional a ‘root’)
cd /media/disk
cd /
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090426/
cd /home/
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090426/home

Tras isto reinicio co CD e elixo directamente instalar, todo de xeito gráfico e moi doado. Decido probar o novo sistema de ficheiros ext4.

Trala instalación o primeiro que fago é instalar o ‘mc‘ porque deixa moi doada a copia desde o disco externo cara o novo sistema (premendo a tecla F5 tendo á esquerda a orixe e á dereita o destino), elixindo pouco a pouco o que quero restaurar ou deixar para logo.

A única dificultade que tiven foi a activación de Compiz. Investigando na rede atopo a solución consistente en crear o arquivo:
~/.config/compiz/compiz-manager

con esta liña no seu interior:
SKIP_CHECKS=yes

Porén este erro (bug) será correxido axiña pois xa está documentado. Tamén hai que procurar máis paquetes, por exemplo co Synaptic, para ter todo o desexado no seu sitio. Un deles é o compizconfig-settings-manager.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Impresións


Realmente a velocidade xeral do sistema e maila do arranque é agora unha gozada. Insisto en recomendar para usares dous monitores a aplicación ARandR (incluída xa nos repositorios) no canto da solución ofertada por defecto (Preferencias/Mostrar) por ser máis sinxela e eficaz.

De igual modo, descarto algúns servizos que non emprego habitualmente: cups (impresora), bluetooth, britty (xestión de dispositivos braille) porque , de precisarlos só teño que activalos cun clic.

O demais, aplicacións, temas, etc, coma sempre, vaise personalizando ao gusto de cada quen. Así, quen decida instalar aplicacións restritivas poderá facer:
sudo apt-get install ubuntu-restricted-extras

2 ResponsesHardy a Jaunty, compiz + intel GM965 to “”

  1. […] Asennadas […]

  2. […] nova Jaunty vén desactivada por defecto a combinación de teclas Ctrl-Alt-Backspace. Para recuperala edita […]