SwL tamén medra no terceiro sector

Así sinálao o estudo “Software Libre y TIC en Entidades del Tercer Sector en España: una visión panorámica 2009” realizado polo Proxecto socialGNU, un proxecto que ten como finalidade a difusión e uso de Software Libre dentro das entidades do Terceiro Sector.

O estudo refírese a un ámbito estatal, reflicte que tres de cada catro entidades enquisadas coñecen o Software Libre e un 80% delas utilízano de xeito habitual. O mesmo estudo mostra que moitas das entidades usuarias de Software Libre compatibilizan o seu uso co do Software Privativo, aínda que se rexistran algunhas entidades que empregan en exclusiva Software Libre (16%).

Sorprende que a principal área de uso do Software Libre son os escritorios de usuario, pois o 80% das entidades usuarias afirma instalalo nos seus equipos. A porcentaxe de uso en servidores corporativos chega ao 20%, debido a varios factores, sobre todo a que moitas entidades non dispón dos mesmos, e a temas de formación técnica dos responsables informáticos.

As aplicacións de Software Libre de maior uso son as de ofimática e as aplicacións de Internet. As aplicacións Software Libre máis utilizadas nas entidades sociais son as aplicacións de Internet, comunicacións e correo electrónico (26%) e as ofimáticas (23%).

O estudo considera que o éxito dos programas e iniciativas de introdución de Software Libre vén condicionado, en gran medida, polo despregamento simultáneo dun plan de formación.

O proxecto socialGNU é un proxecto sen ánimo de lucro apoiado pola Asociación Semilla e IBM.

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.