Richard Stallman en Vigo

O pasado xoves (30 de abril de 2009) estivo na Fundación Caixanova o fundador do proxecto GNU, Richard Stallman. O recinto tiña cabida para 500 persoas, o cal deixouno ben ao límite de capacidade tralos axustes por inscritos que finalmente non viñeron. Segundo a organización, ao terceiro de dia da apertura do formulario de inscrición computábanse xa máis de trescentas persoas e, polo tanto, o éxito só pode ser calificado como absoluto.

Con tanto público presente ateigando a sala, foi doado atopar moita xente amiga, afeccionados, neófitos, curiosos ou até algunha persoa do lado escuro.

Deixo un video de 18 segundos coa bendición de san iGNUcio:

[gv data=”WNmIc07pb1w”][/gv]

Trala primeira conferencia repartíronse os diplomas do máster de SwL da Fundación Caixanova e decontado a segunda intervención de Stallman sobre os perigos das patentes, contando xa con menos público e, se cadra, con menos éxito na súa exposición.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseRichard Stallman en Vigo to “”

  1. […] Quixen separar con esta entrada os sentimentos que me provocou asistir á xornada de Richard Stallman en Vigo. […]