CKO en TEGNIX?

Coa anovación de CTI TEGNIX deixei a xerencia da empresa e decontado xurdiu a dúbida, cal sería o meu novo papel? Estaba claro que as ordes viñan do CEO… e daquela había que seguir co bo humor.

Xente amiga nisto do SwL adoita chamarme “avó“. Se o CEO é o xerente, o ideal é que eu, o avó, fora o CKO (Chief Knowledge Officer ou xerente do coñecemento).

Ou non son os avós os que aglutinan máis coñecemento? 😀

One ResponseCKO en TEGNIX? to “”

  1. […] CKO en TEGNIX? […]