APAs Coruña contra M$ na Educación

Desde hai uns dias sabíase da intención de Zapatero de dotar ao alumnado de primaria cun portátil no que o sistema operativo e mailas súas aplicacións serían totalmente privativas. E as reaccións na comunidade non demoraron. O comunicado de Hispalinux con diversas ligazóns a outros informes e reaccións pode ser un dos emblemáticos entre outros moitos que están a producirse.

Un deses outros comunidados vén dunha das partes afectadas por esa medida, a Federación de APAs, concretamente o que fai un representante das APAs da Coruña baixo o título “Salvemos Microsoft“.

Ben claro é Santiago Lamelo dende o comezo do seu artigo porque non só fai mención ao derroche de cartos xusto baixo tempos de crise senón que subliña o incumprimento da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público ou da Lei 11/2007 de Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos.

Será posible tanta ignorancia política? Non estamos á procura de oportunidades? Non estamos en tempo de crise? Como é posible malgastar tantos cartos públicos? Como é posible non ver o “vicio” que pode xerar no alumnado? Como non ensinar liberdade no canto de solucións privativas?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

2 ResponsesAPAs Coruña contra M$ na Educación to “”

  1. […] sospeitas dun plan do goberno de distribuir mini-pc con software privativo para o alumnado de primaria, paga a pena engadir esta iniciativa.  Alén de estar repleta de […]

  2. Blogaliza, I Premio Rosalía de Castro de Normalización da Deputación da Coruña…

    _Parabéns, veciños e veciñas de Blogaliza! Acaba de chamarnos o Presidente da Deputación da Coruña para anunciarnos que Blogaliza foi premiada co Rosalía de Castro 2010.O galardón ten como obxectivos recoñecer aquelas persoas, empresas, asociacións ou …