Resultados da reunión coa conselleira de Educación

Para contextualizar é bo que leas antes:

Estes foron os puntos que finalmente tratamos coa conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e que a seguir deixo:

Asunto: Estratexia TIC na Educación galega

Reunión: 22 de febreiro de 2008

DEFICIENCIAS

Comunidade e o profesorado observan as seguintes deficiencias en materia TIC no ensino galego:

  • Herdanzas de políticas anteriores baseadas en pagamentos por licenzas.

  • Non hai seguimento decidido cara a adopción de estándares abertos (UE, PEGSI)

  • Fuga de capitais polo pagamento de licenzas a empresas foráneas.

  • Non se está a cumprir o PEGSI en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • Heteroxeneidade de estratexias e actuacións a diferentes niveis.

  • Escaseza de persoal no SIEGA, só 20 técnicos. Imaxinemos unha empresa cuns 40.000 empregados, canto persoal está adicado aos sistemas e información? Abondaría con vinte?

  • Quen é o persoal TIC nos centros? É adecuado que non sexan profesionais TIC?

  • Non está na actuación da Consellería favorecer a pirataría e os estándares propietarios pero está a acontecer e sen remedio aparente a curto prazo (fuga de capitais).

  • Non se está a cumprir o acordo de goberno de 2005 en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • (…)

SOLUCIÓNS

Comunidade e o profesorado propoñen as seguintes solucións:

  • Analizar os exemplos de Estremadura ou Andalucía en materia de implantación de estándares abertos, independencia tecnolóxica, aforro económico por licenzas, xeración de emprego endóxeno, libre transmisión do coñecemento e, en resumo, ética educativa e política. Sen ir tan lonxe, temos o noso caso de éxito no aforro económico na plataforma PLATEGA.

  • Xerar un Plan de Actuación que implique de facto:

    • Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.

    • Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.

    • Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar

    • Dotar de recursos adecuados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.

    • Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.
    • Cumprimento estrito da súa axenda
  • Aproveitar as sinerxias do trinomio “Contidos educativos + sistemas + centros PTIC”

  • Crear un responsable TIC con titulación técnica que atenda un axeitado número de centros.

     

ACTUACIÓNS URXENTES

Comunidade e o profesorado consideran urxente:

  • Incrementar o número de persoal TIC no SIEGA e o persoal técnico nos centros

  • Concretar a distribución de Software Libre elixida para o ensino

  • Promover un Sistema de Información Base Común para todos os centros que favoreza a colaboración e o soporte entre o profesorado

  • Concienciar sobre as bondades dos estándares abertos, o Software Libre e maila libre transmisión do coñecemento como ética educativa.

Asistentes: Benjamín Lois, Carlos Carrión, Manuel Morán e Roberto Brenlla.

Deixo o pdf da Reunión Conselleira de Educación, Laura S. Piñón – 20080222.

Os que alí estivemos saímos moi satisfeitos de como trancorreu a hora que tivemos pois o cordial interese amosado foi confirmado polas constantes solicitudes de ampliación de información a cada punto tratado ou a cada anécdota contada. Foi do sentir unánime a naturalidade coa que axiña nos atopamos. Sorprendeunos que xa empregara sistemas libres durante a súa estadía en Cambirdge.

Entre os compromisos asumidos, a conselleira confirmou que ampliará información sobre o Sw Libre e a súa ética, aproveitará unha viaxe que ten por facer a Andalucía para comprobar as súas experiencias en materia educativa e TICs libres, replantexará o actual Plan de Formación especialmente nestas materias e tamén emitirá un comunicado oficial da Consellería.

 

4 ResponsesResultados da reunión coa conselleira de Educación to “”

  1. Esperemos que la reunion de ayer sirva para algo y no quede en meras palabras.
    Soy una de las personas en Galicia q tiene unas ganas enormes de que la cosa cambie, pero confio tan poco en esa gente que me quitan las ganas d seguir tirando de su carro.
    Tenemos q seguir haciendo nuestra labor como pueblo y seguir difundiendo el software libre pero, aunque podamos tener ayuda de esa gente, deberiamos seguir trabajando duro y no esperar x ellos, pq las vbles tiempo y tecnologia no esperan.

  2. Sinceiramente, se estando no medio dun proceso electoral o único que conseguimos son unhos sorrisos… mal andamos.

    A pergunta é: qué fixeron nestes tres anos? A resposta: nada. Podemos agardar sinceiramente que fagan algo no que queda de lexislatura?

    En todo caso: a señora conselleira non sabe que existe unha cousa que se chama Mancomun? Por qué non traballan xunto coa xente da Consellería de Indústria que demostran facelo ben, ou seica lles dá medo traballar cos do Bloque?

  3. […] Fonte:  Blogue de Roberto Brenlla […]

  4. garcinia cambogia…

    asennadas » Resultados da reunión coa conselleira de Educación…