Micropedia.tv, enciclopedia audiovisual

Diversos integrantes do Consorcio IdenTIC veñen de presentar Micropedia.tv, considerada a “primeira” enciclopedia audiovisual que se pode consultar por Internet.

Trátase dunha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de internet, en concreto, unha iniciativa que “permite compartir e transmitir coñecementos cunha linguaxe desenfadada, sinxela e directa“.

Micropedia.tv está concibida como unha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de Internet cuxos contidos “teñen licenzas libres e que recolle un novo concepto: as micropílulas“, unidades de coñecemento sobre un asunto determinado que se transmite en tan só un minuto e conteñen elementos audiovisuais.

A micropílula reúne tres elementos fundamentais, en concreto, rapidez (un minuto en expor o concepto que se busca), proximidade (linguaxe desenfadada, sinxela, amena e directa), e concepto (coñecemento que vai á definición mesma da esencia da idea, con poucos matices).

Segundo os promotores do proxecto, a auténtica revolución do mesmo chegará coa incorporación e participación activa da cidadanía na creación de micropílulas e o uso das redes sociais. Isto significará tamén un impulso aos 291 telecentros repartidos pola rexión de Estremadura e que son xestionados por IdenTIC.

Tes máis información na fonte e no sitio Micropedia.tv.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.