Mini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans

Tal e como estaba previsto, o presidente do Goberno anunciou a entrega de mini-pcs ao alumnado de primaria. Lamentablemente tamén queda confirmado o estrago de cartos aínda que exista a opción de teren SwL posto que han vir con arranque dual, é dicir o pagamento de licenzas a M$ existirá igualmente, e serán as CC.AA. as que decidan que tecnoloxías han dotar ao seu ensino primario: ou libre ou privativo.

Polo tanto, nun acto de responsabilidade (ou irresponsabilidade suma?) “o goberno esixiu aos fabricantes que os seus equipos estean preparados” con dobre arranque e engaden que algunhas Comunidades Autónomas utilizarán as súas redes educativas xa existentes -baixo Software Libre- e polo tanto preferirán que tanto alumnado como profesorado traballen con ese sistema.

Os acordos, en todo caso, estivéronse negociando previamente con fabricantes de software e hardware pois unha das premisas do proxecto era garantir a asistencia tecnolóxica. E empresas como Micro$oft contan xa cunha ampla rede de asistencia e venda. Micro$oft, ademais, participou desde o principio nas conversacións co Ministerio!

Sexa como for, o goberno non pretende facer recomendacións nese sentido (por que non? non se fan sobre sanidade pública ou sobre autoestradas?), máis aló de esixir aos participantes no proxecto que posibiliten ambas as opcións, é dicir, a neutralidade segundo é entendida por M$.

O comunicado (PDF en galego) pedía valentía ao presidente do Goberno mais este non foi quen de amosala: “…apelamos a que vostede mostre a valentía necesaria para anticiparse ao inevitable: a liberdade acabará impoñéndose“. E si, a liberdade acabará impoñéndose mais non con este presidente.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

5 ResponsesMini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans to “”

  1. Boas Roberto, veremos como remata todo iso. Eu teño dúas cuestións claras:
    – Os profesionais que nos adicamos ás TIC era hora que nos comprometeramos en firme polo SwL, entendendo que por moitas razóns é a opción de futuro. Vemos continuamente como xente con boas ideas non acaba de estar convencida.
    – A simple dotación ós centros máis que solucionar xenera problemas, como fagan iso que din, aquí en galicia imos asisitir a unha necesidade máis: a falta de espazo nos almacéns dos colexos.

    Saúdos

  2. Vaya cara de culpable que tiene el hombre este….aunque sus cejas intenten despistar.

    Saludos.

  3. phil wasserman biography…

    asennadas » Mini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans…

  4. philip wasserman biography…

    asennadas » Mini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans…

  5. ihr Kommentar ist hier…

    asennadas » Mini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans…