Stallman critica o reparto de mini-pcs do goberno

Non era de estrañar! Richard M. Stallman, criticou a iniciativa do Goberno de regalar un computador persoal portátil a cada alumno das escolas públicas e concertadas, porque significaría “vender o futuro do país a Microsoft“, un programa de software privativo.

Ao seu xuízo, “o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, debe decidir ser o partido socialista ou o partido monopolista“. Neste sentido, apuntou que “unha escola ética debería prohibir recibir esas computadoras” nos centros escolares, xa que ”

Stallman preguntouse “por que –o Goberno español– quere regalar Microsoft ás escolas?” e comparouno con “regalar drogas adictivas“, ao que engadiu que “a primeira dose é gratis e, cando se é dependente hai que pagar“.

Como alternativa ao software privativo, Stallman propuxo ao Goberno español “proporcionar aos nenos ordenadores portátiles cheas de software libre para ensinar aos nenos de España a vivir en liberdade, a participar nunha comunidade e axudar aos seus próximos“. “O estado ten unha misión de protexer a liberdade, a independencia e a capacidade dos cidadáns na informática” e, desde o seu punto de vista “faise a través do software libre“.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.