A comunidade de SwL moi crítica con ZP polos mini-pcs

A comunidade está a facer o que pode (basicamente inundar a rede con entradas e novas ao respecto) para evitar á escola 2.0 tal e como a concibe o presidente do Goberno.

Víctor Domingo, actual presidente da AI (Asociación de Internautas), nunha entrevista para ElEconomista.es sinala que ZP ten “unha oportunidade de ouro” para apostar polo Software Libre, advertindo ao xefe do Executivo sobre as “dificultades” que terá para “explicar o gasto en case medio millón de licenzas de sistemas operativos” tendo ademais “unha referencia moi importante” en Estremadura.

Hispalinux non queda atrás e rotundamente espetaÉ a maior estafa que se produciu nos últimos 30 anos“.

A cousa está plantexada cun financiamento tipo “vaporware“, a cidadanía cre que sairalle gratis pero a cousa non é tal. Segundo o xornal El País, as comunidades autónomas terán que corresponsabilizarse co gasto, estendendo un bono dixital e “créditos de baixo custo para as familias máis desfavorecidas“. Daí que sexa moi meneada a nova cuxo artigo orixinal está titulado “Anda, la escuela 2.0 tenía truco” que resume a proposta de ZP tal que así:

  • Vostede pasa por caixa para comprar o computador. Toshiba (ou Intel) fai a onda.
  • Se vostede é deses millóns de españois que as pasan putas. Pase vostede polo banco. Banesto fai a onda.
  • Úseo a súa comunidade autónoma ou non, o pc virá con windows. Microsoft fai a onda.
  • Cada vez que queira un librito dixital, vostede pasará por caixa. As editoriais fan a onda.

E se vostede non fai a onda, xa sabe. Será un antipatriota que non soubo ler entre liñas o que quería dicir o artigo 27.4 da Constitución. Si, ese que di “O ensino básico é obrigatorio e gratuíto“.

Dígase tamén que entre as presumibles empresas beneficiadas, alén das multadas pola UE Intel e M$, podería estar a editorial Santillana, pertencente ao grupo PRISA (El País, Canal Satélite Digital, Cuatro…), casualmente afín ao goberno e en grave crise económica.

Hai moitos máis artigos analizando esa escola 2.0. Entre eles destaco “Un ordenador para cada niño en Primaria” e “Zapatero se equivoca“.

SwL non ten cor política

Se cadra paga a pena lembrar que o SwL non ten cor política. Son moitos os exemplos de adopcións da liberdade tecnolóxica tanto de gobernos dun extremo como doutro. Polo tanto esta voráxine de críticas contra ZP non debería considerarse nin contra o seu grupo político nin contra a súa persoa, si sobre esa medida. Obviamente, se tal medida viñera doutro grupo, doutra cor, a reacción sería exactamente e mesma, con certeza.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

2 ResponsesA comunidade de SwL moi crítica con ZP polos mini-pcs to “”

  1. […] vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga […]

  2. […] negreta escribín “oportuna” porque ben sabemos e saben os de Redmond da forza que a comunidade está a amosar polo tema do Ensino […]