Red Hat apelará en Suiza por contrato directo a M$

Seica Red Hat apelará xunto a outras 18 empresas TIC a adxudicación directa dun contrato a M$ por parte dunha axencia do goberno de Suiza. Este desafío pretende a apertura do goberno para que considere a existencia de alternativas libres e abertas, con todas as vantaxes que ilo suporía.

A inercia gubernamental suiza fixo que asumira un contrato tri-anual que ascende a 14 millóns de francos suizos anuais, uns 9,12 millóns de euros. A autoridade responsable da adxudicación directa foi a Building and Logistics (BBL), dependente do goberno federal, e a beneficiada Microsoft. O obxecto do contrato refírese a estacións de traballo comúns, aplicacións ofimáticas, mantemento e soporte. A BBL xustifica tal contrato na inexistencia de alternativas suficientes…

Velaquí que precisamente Red Hat xa dispón de exemplos e casos de éxito no país: o cantón Solothurn (lembra que migraron os seus escritorios cara Debian), a cidade Zurich, a Axencia Federal de Ciencias da Computación e Telecomunicacións (BIT), o Instituo Federal da Propiedade Intelectual, etc.

A oportuna visita de Bill

O noso presidente do goberno recibirá ao filántropo Bill Gates o vindeiro martes no propio Palacio da Moncloa. Teoricamente, a oportuna visita circunscríbese unicamente a conversar sobre a cooperación en África Occidental e Centroamérica. Será?

En negreta escribín “oportuna” porque ben sabemos e saben os de Redmond da forza que a comunidade está a amosar polo tema do Ensino 2.0.

Polo tanto, a actuación de varias empresas con Red Hat deberíamolo ter presente por estos lares, por exemplo, vía AGASOL ou ASOLIF (Asociaciones de Software Libre Federadas).

A fonte destas novas foron Fernando Acero e Roberto Santos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.