Vancouver cara SwL

Vancouver, o terceiro maior concello de Canadá, adoptará estándares abertos e comezará a substitución do seu software privativo por outros de fonte aberta.

O comunicado oficial da cidade de Vancouver subscribe os seguintes principios:

  • Datos abertos e accesibles
  • Estándares Abertos
  • Open Source Software

A concellala promotora da idea,  André Reimer, sinala que “a comunidade online local está moi, moi feliz, e agora só temos de ollar cara adiante á implementación e entender o xeito de facelo“.

A fonte apunta cara un artigo onde hai moita máis información.

Os comentarios están pechados.