iTALC, ensino con computadores

iTALC (Intelligent Teaching and Learning with Computers) é unha ferramenta didáctica con licenza libre GPL deseñada para asistir ao profesorado. A pesares do seu nome, esta ferramenta non é unha contorna de aprendizaxe senón que pretende dotar de control ao profesorado grazas ás súas funcionalidades de visualización de escritorios remotos.

Estas mesmas funcionalidades poden ser de utilidade tamén para profesionais doutro tipo de especialidades pois corre perfectamente en equipos modestos. Recoméndase 512MB RAM, procesador de 1GHz e tarxeta gráfica na parte máster (profesor/a) e aínda menos requerimentos para os clientes.

iTALC é multiplataforma, doado de se instalar (zona de descargas) con binarios para Debian, Ubuntu, SUSE, Gentoo e até para M$-Window$. Tamén podes compilar o paquete desde a fonte. Podes ollar o seu wiki para seguir en pantallas o proceso de instalación.

Con iTALC poderás:

  • comprobar como se están a empregar os computadores e tomar snapshots
  • controlar remotamente aos computadores clientes
  • amosar demostracións nunha fiestra ou en escritorio completo en tempo real
  • bloquear aos clientes
  • enviar mensaxes aos clientes
  • prender e apagar os computadores de xeito remoto
  • ensino fóra do centro vía conexións VPN (redes privadas virtuais)

Máis información neste artigo.

asennadas

Os comentarios están pechados.