Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).

Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.

Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.

Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):

Incluir o repositiorio

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

Incorporar as chaves GPG e instalalo:

gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser

Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.

Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.

As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseNavegador Chromium, instalando e probando to “”

  1. […] auténtica fonte de onde baixas os paquetes de software. Isto pode facerse de xeito manual (olla o exemplo desta entrada) ou empregando interfaz gráfica pero ningún dos dous xeitos é […]