Sw Libre tamén limpo e verde

Ultimamente trátase con moita frecuencia o aspecto verde das tecnoloxías. Dende hai tempo, o Sw Libre ofrece solucións para xestionar o consumo de enerxía, as emisións de carbono e de lixo electrónico.

O crecemento explosivo do número de ordenadores usados por persoas e organizacións ao longo das últimas dúas décadas ten provocado un enorme efecto sobre o medio ambiente, tanto positivos como negativos. Beneficios ambientais poden ser comprobar como os computadores axudaron a moitas organizacións a traballaren “sen papel“. Os avances na rede tamén fixeron mais doado traballar remotamente polo que se reduce a necesidade de viaxar ou cambiar.

Aínda que haxa moitos beneficios ecolóxicos positivos no emprego de computadores, non é menos certo que a tecnoloxía deixou un gran pegada de efectos nocivos no ambiente.

Hai varios aspectos a termos  en conta á hora de de axustar os nosos sistemas para que sexan menos agresivos co ambiente e máis ecolóxicos. Jeff Orloff escribe un artigo sobre a oportunidade que tamén representa o SwL neste eido. Jeff comenta sobre e-residuos, consumo de enerxía, GNU/Linux como parte da solución, limitar o borrado con GNU/Linux, preparando antigos computadores para doazón, virtualización para reducir o consumo enerxético, solucións de xestión de enerxía, o tickless kernel, etc.

Como curiosidade, copia e pega este comando nun terminal:

cat /boot/config-$(uname -r) | grep CONFIG_NO_HZ

Se a resposta é un “y“, entón xa sabes que tes algo por facer. Un dos principais desenvolvementos do Green Linux Workgroup é o tickless kernel. Cando está ocioso, o kernel Linux ponse á procura contínua dalgo para facer. Podes axustar o temporizador ou até trocar a configuración para desactivalo completamente cun CONFIG_NO_HZ = n.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.