Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que” 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza“.

As entidades consultas coincidiron en que lles falta orzamento e por iso optaron por este tipo de software libre “ou de código aberto, que é gratuito e pode obterse por medio de Internet“.

Maila ser motivos aparentemente económicos, benvida sexa a súa escolla pois xa se decatarán do que significa realmente o termo ‘libre‘.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

2 ResponsesGuatemala elixe Sw Libre to “”

  1. Na imaxe que se pode ver no artigo que enlazas, titulada “Ventajas y desventajas” o primeiro punto deixoume parvo:

    “Software con licenciamiento: Compatibilidad (puede abrirse cualquier documento porque lo guarda con la extensión .doc)

    Software libre: Incompatibilidad con otros programas (los documentos realizados con estos programas solamente pueden abrirse con éstos porque los guarda con la extensión .odt)”

    Unha magnífica análise, seria, rigorosa, coa verdade por diante, vamos, digna de Steve Ballmer.

    Estou por escribirlle ao periodista que puxo semellante infamia nese artigo.

  2. Non o vira! 🙂

    Non, se o artigo é dos de enmarcar…