Ad Bard Network, a rede de publicidade da FSF

Ad Bard Network é unha rede de publicidade deseñada especificamente para achegar a quen desenvolva, xestione, empregue ou participe na comunidade de Software Libre. Esta rede  permitirá a anunciantes comunicarse directamente con clientes clave nesta excitante área.

Co gallo de manter un alto nível de calidade da publicidade, estase a falar de produtos e servizos que amosen un alto grao de compromiso co SwL e maila súa comunidade. Polo tanto o software privativo “non será benvido aquí.

A rede limita o número de aparicións publicitarias por mes e páxina, non consentindo ningunha outra publicidade, veña donde veña. Deste xeito garántese exclusividade coa audiencia potencial. Teranse anuncios sinxelos, minimalistas, elegantes e moito mellores cás franxas (banners) ou texto enmarcado en bloques doutras empresas.

Quen lea nos sitios da rede Ad Bard representa a persoas que constrúen e soportan proxectos de SwL. Desde GNU a Linux, MySQL ou Postgres, hai moita xente que inflúe e déixase influír en produtos e servizos que teñen éxito na comunidade de SwL.

Podes ter…

  • Un dos 25  espazos publicitarios (slots) dispoñibles cada mes, en constante rotación a traverso de toda a rede Ad Bard.
  • Unha imaxe de 120 x 90 píxeles de alto.
  • E 80 caracteres de texto para acompañar á imaxe.

Tarifas

As tarifas de publicidade en Ad Bard Network son determinadas polo número de sitios web que participen na rede. Os anuncios dispoñibles para xuño e xullo de 2009 a $1.000 $250 por anuncio. Para celebrar o lanzamento da rede ofrécense cun desconto do 75%.

Tes máis información na páxina de Ad Bard e no anuncio feito pola FSF.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.