GP Turquía, venres – 20090605

Previo

Desta vez hai moitas novidades! Sábese de 20 equipos inscritos para a vindeira temporada polo que 7 han ser rexeitados para termos un máximo de 26 monopostos nas grellas. Polo de agora estes son: BMW Sauber, Brawn, Ferrari, Force India, McLaren, Red Bull, Renault, Toro Rosso, Toyota, Williams, Campos, Epsilon Euskadi, Lola, N. Technology, Prodrive, Superfund, USF1, Brabham, Litespeed e March. Dous deles son equipos españois: Campos e Epsilon Euskadi (Villadelprat respostou a unha entrevista feita por Autosport). Pola súa banda, Renault estuda sair se Alonso vai cara Ferrari, polo que Briatore podería volver a ser o propietario da súa propia escudería.

Dentre todas elas, alédome do posible regreso da Brabham, non por ter sido comandada no seu día polo Ecclestone nin polos títulos que lle dera a Nelson Piquet senón por outro brasileiro que pilotou para ela, o mal logrado José Carlos Pace, o Moco, un dos meus ídolos da infancia. El era un dos que máis alto voaba nun cambio de rasante do antigo Nurbürgring (~22 km). Preme na foto para ollala mellor.

Con tal éxito de inscricións, Max Mosley ponse aínda máis ríxido nas súas propostas e afirma que é imposible acadar un acordo coa FOTA (equipos de F1) antes do previsto dia 12 de xuño. Até recomenda aos equipos actuais que persisten na súa teima orzamentaria que organicen eles outro campionato paralelo porque as normas díctaas el.

Noutra orde de cousas, Ecclestone confirma que planexa a creación dunha película sobre os 60 anos da historia da F1 e dun máis ca probable GP en Roma para 2010, polo que astutamente xa rexistrou a marca coa que pensa recabar todos os dereitos do evento. Tamén en termos de negocios, semella que Google quere entrar como sponsor.

Xa referido a este GP, todos os equipos traen novidades técnicas. Alonso, coma sempre, é cauto en canto a este GP pero sinala que pensa loitar por victorias este ano.

Doutra categoría, a F-Indy, saliento a terceira victoria doutro brasileiro, Hélio Castro Neves, nas 500 millas de Indianápolis. Unha gran victoria para alguén que pasou por malos momentos ao ter que demostrar a súa inocencia perante os tribunais.

Adestramentos Libres

Lembrar que a turca é unha pista apta para ultrapasaxes, non como Mónaco, Barcelona ou Hungría, pistas nas que se non chove temos garantidas unhas carrerias aburridas.

A 16 minutos do remate da primeira sesión de adestramentos libres a dirección da prova decidíu sacar a bandeira vermella maila deixar continuar o crono. Todo ilo por mor dunhas capas de herba natural e artificial que estaban na pista. Ata ese intre tiñamos aos 14 primeiros clasificados en menos dun segundo.

As posicións dos primeiros libres foron: ROS HAM TRU VET MAS NAK RAI ALO BAR KOV BUT SUT GLO PIQ WEB KUB HI FIS BOU BUE.

Antes do comezo da segunda sesión de libres souben dunhas contundentes declaracións de BMW e Toyota: existe a posibilidade de que os equipos actuais formen unha nova categoría!

Xa tralo comezo da segunda sesión, no minuto 50 Alonso pasou a ocupar a segunda posición, desbancando a un recuparado BMW de Kubica pero sen baixar do minuto e vinte e nove segundos. O único a baixar dese tempo, polo de agora é Kovalainen.

Remata a sesión con Alonso en segundo, baixando tamén do minuto vinte e nove, a tan só 6 milésimas de Kovalainen.

O resultado dos segundo libres foi: KOV ALO KUB NAK VET TRU ROS BAR WEB PIQ MAS BUT HAM GLO RAI HEI SUT FIS BOU BUE (16 pilotos nun mesmo segundo!)

Os comentarios están pechados.