Cursos da Linux Foundation

Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras.

Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux.

Os cursos dispoñibles polo de agora son:

  • LF01     Creating Applications For Linux 2 dias     $1099
  • LF02     Essential Linux Device Driver Development Skills 2 dias     $1099
  • LF03     Linux Kernel Debugging and Performance 2 dias     $1099
  • LF04     Git Essentials For Developers 2 dias     $1099

Todos os cursos inclúen instrucións en directo e exercizos prácticos, con preguntas e respostas aos instrutores, desenvolvedores expertos.

Podes acadar máis información sobre cada un destes cursos no seu sitio web ou mandando un correo-e a Mike Woster (mwoster _ARROBA_ linuxfoundation _PUNTO_org).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseCursos da Linux Foundation to “”

  1. Carallo, ía emocionado mirar o LF01 pero co prezo que teñen vouno pensar… dende logo xa poden ser de bo nivel e explicarche ate o último detalle.